Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2018 Páx. 42588

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 747/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 747/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio García Freire contra Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A. e Hipescar, S.L., ditouse a seguinte sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que, estimando integramente as demandas interpostas por José Antonio García Freire, contra Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Hipescar, S.L., Juan Manuel Capella Pérez, administrador concursal de Campiñas de Laíño, S.A., e María José Lorenzo Gómez, administradora concursal de Refojo y González, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral existente entre o demandante e as mercantís demandadas por incumprimento contractual grave imputable ás mercantís demandadas, e condeno os demandados a estar e pasar pola devandita declaración.

2. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento do demandante efectuado pola demandada Campiñas de Laíño, S.A. con data de efectos do 25 de outubro de 2017, con declaración de extinción, así mesmo, da relación laboral polo devandito despedimento por non ser realizable a readmisión a consecuencia da estimación da relación laboral por aplicación do artigo 50 do ET.

3. Debo condenar e condeno as mercantís demandadas Refojo y González, S.L., Campiñas de Laíño, S.A., Hipescar, S.L. a que lle aboen solidariamente ao demandante a suma de 62.811,79 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación contractual na data da presente resolución; a suma de 12.782,47 euros brutos en concepto de salarios debidos ata o despedimento, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a devandita cantidade desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución, e a suma de 13.908,15 euros en concepto salarios deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a data de extinción da relación laboral na presente resolución, sen prexuízo dos descontos que, se é o caso, procedan respecto da devandita suma en fase de execución de sentenza, en relación coas prestacións por desemprego ou pola colocación do demandante durante o devandito período de salarios de tramitación en función do salario que estea a percibir no seu novo emprego; e condeno, así mesmo, os administradores concursais demandados a avirse ás devanditas declaracións e condenas na súa condición de tales administradores concursais.

4. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Hipescar, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2018

A letrada da Administración de xustiza