Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Luns, 17 de setembro de 2018 Páx. 42590

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 922/2015).

PO. Procedemento ordinario 922/2015

Demandante: Sonia Solere Idrissi

Avogada: María Jesús Vázquez Bol

Demandados: Fogasa, Ousany, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 922/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia Solere Idrissi contra Ousany, S.L. e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2018.

Visto o estado destas actuacións, sinálase novamente para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, o próximo día 28 de novembro de 2018, ás 8.55 e ás 9.00 horas, respectivamente. Cítense para o efecto as partes constituídas e expídanse para tal fin os despachos oportunos, cos apercibimentos contidos na primeira cédula.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que contén esta ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza»

Para que sirva de citación en legal forma a Ousany, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza