Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2018 Páx. 40351

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (1240/2017).

Eu, Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense, fago saber que neste órgano xudicial se tramita divorcio contencioso 1240/2017, seguido por instancia de María Mercedes Álvarez Rodríguez contra Bashkim Hashani, en que se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

Sentenza nº 1407/17.

Maxistrada xuíza Laura Guede Gallego.

Ourense, 22 de decembro de 2017.

Vistos os presentes autos nº 1240/2017 sobre divorcio, promovidos pola procuradora Sra. Saco, en nome e representación de María de las Mercedes Álvarez Rodríguez como demandante, asistida polo letrado Sr. Fernández, fronte a Bashkim Hashani, declarado en rebeldía.

Resolución:

Acordo a disolución do matrimonio formado por María de las Mercedes Álvarez Rodríguez e Bashkim Hashani, con todos os efectos legais inherentes á dita disolución.

Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.

Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpor, no prazo de 20 días, recurso de apelación (artigos 457 e ss. LAC) ante este tribunal, para o cal deberá constituír o depósito legalmente establecido.

E unha vez firme esta resolución, comuníquese de oficio para a súa anotación no Rexistro Civil onde figura a inscrición do matrimonio cuxa disolución se declara.

Así o acorda, manda e asina S.S.ª. Dou fe.

E para que así conste e sirva de cédula de notificación para o demandado Bashkim Hashani, en paradoiro descoñecido, e a súa colocación no taboleiro de anuncios do xulgado, expido este edicto.

Ourense, 30 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza