Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2018 Páx. 40350

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2018 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión do Servizo Galego de Saúde á Axencia Galega de Infraestruturas para acometer a execución das obras de urbanización da fase 1 do Complexo Hospitalario de Ferrol.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á resolución da Presidencia do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde, con data do 23 de agosto de 2018, pola que se encomenda á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión das actuacións para acometer a execución das obras de urbanización da fase 1 do Complexo Hospitalario de Ferrol.

– Actividade: encargar á Axencia Galega de Infraestruturas a xestión para acometer a execución das obras de urbanización da fase 1 do Complexo Hospitalario de Ferrol.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: a encarga ten natureza intersubxectiva, ao ter a Axencia Galega de Infraestruturas a consideración de medio propio e servizo técnico da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte á sinatura da encomenda ata a data de finalización do prazo de garantía das obras.

Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde