Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2018 Páx. 40353

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 22 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican as resolucións de cancelación da inscrición nos procedementos de cancelación individual no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente LU-2017/0065 e dous máis).

Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícanse ás persoas relacionadas no anexo as resolucións de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, ben por resultar descoñecido o seu domicilio, ben porque, logo de intentar dúas veces a notificación, esta non se puido efectuar.

As resolucións foron ditadas pola persoa titular da xefatura territorial.

O texto íntegro dos actos que se notifican, xunto cos seus respectivos expedientes, atópanse a disposición das persoas interesadas na sede da Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, núm. 70, 1º, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Estas resolucións non poñen fin á vía administrativa, polo que poden ser recorridas en alzada diante da persoa titular da Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Logo de transcorrer o dito prazo sen que conste a interposición do recurso, as resolucións devirán firmes.

Lugo, 22 de agosto de 2018

O xefe territorial de Lugo
P.S. (Orde do 11.1.2018)
Alejandro Fontela Pereira
Xefe do Servizo de Xustiza e Administración Local

ANEXO

Expediente

Persoa/s interesada/s

(NIF/NIE/pasaporte)

Acto que se notifica

LU-2017/0065

J049127

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2012/0036

33555987E

Resolución de cancelación da inscrición

LU-2015/0158

MX954067

34252838L

Resolución de cancelación da inscrición