Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Luns, 10 de setembro de 2018 Páx. 40355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de subministración, instalación e posta en marcha de analizadores automáticos de medida de gases contaminantes no aire ambiente e dun captador gravimétrico secuencial de partículas, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Eixo prioritario 05, prioridade de investimento 05.01, obxectivo específico 05.01.01.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 4/2018 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=285800

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración, instalación e posta en marcha de analizadores automáticos de medida de gases contaminantes no aire ambiente e dun captador gravimétrico secuencial de partículas.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 38344000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 121.075,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 121.075,00 €. Lote 1: 100.655,00 €. Lote 2: 20.420,00 €.

6. Formalización do contrato do lote 1:

a) Data de adxudicación: 15 de xuño de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 6 de agosto de 2018.

c) Adxudicataria: Izasa Scientific, S.L.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 84.395,00 €. Importe total con IVE: 102.117,95 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

7. Formalización do contrato do lote 2:

a) Data de adxudicación: 6 de xuño de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 12 de xullo de 2018.

c) Adxudicataria: MCV, S.A.

d) Importe de adxudicación: importe neto: 19.351,88 €. Importe total con IVE: 23.415,77 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2018

A secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio
P.S. (Artigo 7.1 do Decreto 167/2015, do 13 de novembro, DOG núm. 221,
do 19 de novembro; D.A. 9ª e D.T. 2ª do Decreto 177/2016,
do 15 de decembro, DOG núm. 239, do 16 de decembro)
Silvia Cortiñas Fernández
Vicesecretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio

missing image file