Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Xoves, 30 de agosto de 2018 Páx. 39631

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autoriza o cambio de titularidade e se outorgan as autorizacións administrativas previa e de construción ao parque eólico Pico Touriñán, situado nos concellos da Estrada, Cerdedo e Campo Lameiro e promovido pola sociedade Enel Green Power España, S.L. (expediente IN661A 2010/3-4).

Examinado o expediente instruído por solicitude de Eólicos Touriñán, S.A., actualmente Enel Green Power España, S.L. como consecuencia da operación de fusión por absorción (en diante, a promotora) en relación coa autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do parque eólico Pico Touriñán (en diante, o parque eólico), constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Mediante a Resolución do 30 de abril de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se publica a relación de solicitudes de outorgamento de autorización administrativa de instalación de parques eólicos para promotores titulares de plans eólicos empresariais, admitiuse a trámite o parque eólico Pico Touriñán, cunha potencia de 30 MW e promovido por Eólicos Touriñán, S.A.

Segundo. O 8.11.2010, Eólicos Touriñán, S.A. solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, a declaración de impacto ambiental, a declaración de utilidade pública, en concreto, a aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o recoñecemento de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica das instalacións do parque eólico Pico Touriñán.

Terceiro. Con data do 21 de decembro de 2012, a sociedade Eólicos Touriñán, S.A. notifica a fusión por absorción da empresa Enel Green Power España, S.L. como sociedade absorbente, e Eólicos Touriñán, S.A. como sociedade absorbida, ao abeiro da escritura pública do 20 de abril de 2012.

Cuarto. Pola Resolución do 28 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, someteuse a información pública para autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e necesidade de urxente ocupación, a aprobación do proxecto de execución, o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e o estudo ambiental das instalacións referidas ao parque eólico Pico Touriñán, nos concellos da Estrada, Cerdedo e Campo Lameiro, na provincia de Pontevedra.

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 11.3.2013, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 21.2.2013 e no xornal La Voz de Galicia do 20.2.2013. Así mesmo, permaneceu exposta ao público no taboleiro de anuncios da Xefatura Territorial de Pontevedra e nos concellos afectados da Estrada, Cerdedo e Campo Lameiro.

A continuación resúmese o contido das alegacións presentadas:

– Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación coa titularidade das parcelas, coas superficies afectadas, coa clasificación do solo, co tipo de aproveitamento, cos enderezos para os efectos de notificacións, etc.

– Alegacións respecto da existencia de patrimonio vexetal, animal, etnolóxico e arqueolóxico na zona do parque eólico, e da necesidade da súa protección.

– Alegacións respecto ao acondicionado das servidumes de paso nos predios afectados, de modo que as cunetas, pasos de auga e acceso ás parcelas queden en óptimas condicións.

Quinto. O 5.2.2013, a Xefatura Territorial de Pontevedra, á vista da documentación achegada pola promotora, informou que esta cumpre cos requisitos regulamentarios e se pode continuar cos trámites previstos na Lei 8/2009, do 1 de decembro, para a autorización administrativa.

Sexto. O 19.2.2013, Retegal, S.A. emitiu condicionado en que informa da necesidade de compromiso por parte da promotora de adoptar as medidas necesarias para emendar as posibles obstrucións aos sinais de televisión TDT, o cal se lle trasladou á promotora, que achegou a súa resposta, con escrito do 25.3.2013.

Sétimo. O 28.2.2013, Retevisión I, S.A. emitiu, en relación coas instalacións do parque eólico, o correspondente condicionado técnico, onde comunica que non desexa manter ningunha oposición ao proxecto e solicita que se lles comunique calquera modificación para avaliar as posibles afeccións. O 8.4.2013 a promotora presentou un escrito en que manifesta a súa conformidade.

Oitavo. O 6.3.2013, o Concello de Campo Lameiro emite informe favorable sobre o proxecto; con data do 8.4.2013, a promotora manifesta a súa conformidade.

Noveno. O 27.3.2013, o Concello de Cerdedo emite informe favorable sobre o proxecto; con data do 30.4.2013, a promotora manifesta a súa conformidade.

Décimo. O 14.3.2013, o Concello da Estrada manifesta que non desexa manter ningunha oposición ao proxecto sempre que as vías sigan prestando servizo aos veciños e a promotora realice o seu mantemento; con data do 12.4.2013 a promotora manifesta a súa conformidade.

Décimo primeiro. O 27.5.2013, a Xefatura Territorial de Pontevedra documenta as alegacións presentadas durante a información pública.

Décimo segundo. O 16.4.2014, a Axencia Estatal de Seguridade Aérea autorizou as instalacións do parque eólico, establecendo o correspondente condicionado.

Décimo terceiro. O 1.12.2017 a promotora solicitou a declaración de interese especial para o parque eólico. O 21.12.2017, o Consello da Xunta de Galicia declarou o parque eólico Pico Touriñán como proxecto de interese especial (DOG núm. 26, do 6 de febreiro de 2018).

Décimo cuarto. O 26.3.2018, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe en relación co proxecto sectorial do parque eólico, de acordo co establecido no artigo 33.5 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Décimo quinto. O 8.5.2018, Xosé Henrique Bazal Bouzas, en representación da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, achegou unha alegación en que, en síntese, manifesta o seguinte:

– Necesidade de protección do patrimonio vexetal, animal, etnolóxico e arqueolóxico existente na zona do parque eólico. En concreto, ponse de manifesto o impacto que xerarían as instalacións do parque eólico sobre a festa de interese turístico internacional da Rapa das Bestas.

– Existencia de deficiencias no estudo de impacto ambiental, tales como a non consideración dos parques eólicos existentes na zona, estudo incompleto dos impactos na fase de explotación, avaliación deficiente das afeccións sobre a paisaxe e sobre a saúde das persoas e da fauna, e falta de estudo dos efectos xerados polo ruído, así como dos impactos sobre a avifauna, a saúde ambiental, a calidade de vida das persoas, e sobre o uso gandeiro e o alto risco de incendios xerado polas instalacións.

Décimo sexto. O 27.6.2018, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático formulou a declaración de impacto ambiental (DIA) relativa ao parque eólico, que se fixo pública mediante a Resolución do 9 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas. De acordo co punto 3.7 da dita declaración, deberá darse resposta ao condicionado establecido pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, en relación coa necesidade de desprazar os aeroxeradores 1 e 2 fóra da area de protección do xacemento denominado Túmulo de Rego do Foso.

Décimo sétimo. O 19.07.2018, a promotora achega un escrito en que expón que, co obxecto de dar cumprimento ao mencionado punto 3.7 da DIA, está estudando diferentes alternativas de recolocación dos aeroxeradores 1 e 2. Non obstante, solicita que se continúe o procedemento de autorización administrativa previa e de construción para as instalacións do parque eólico, coa excepción dos dous aeroxeradores mencionados.

Décimo oitavo. O parque eólico conta cos dereitos de acceso e conexión á rede de distribución para unha potencia de 26,8 MW, segundo informe do xestor da dita rede.

Aos antecedentes de feito descritos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxía e Minas é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, e no artigo 34.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. O punto 1 do artigo 36 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, establece que «as transmisións de titularidade dun parque eólico en explotación, dun parque eólico autorizado pendente de construír e dun expediente administrativo en que se tramita a autorización dun parque eólico requiren autorización administrativa previa da consellería competente en materia de enerxía».

No punto 2 do mesmo artigo establécese que a «solicitude de autorización administrativa de transmisión deberá de dirixila á dirección xeral competente en materia de enerxía quen pretenda adquirir a titularidade. Coa solicitude deberá achegarse a documentación necesaria que permita acreditar a capacidade legal, técnica e económica da persoa solicitante, así como unha declaración da actual persoa titular en que manifeste a súa vontade de transmitir a devandita titularidade».

As capacidades legal, técnica e económica requiridas de acordo co establecido polo artigo 30 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, enténdense cumpridas á vista da documentación achegada pola sociedade solicitante.

Terceiro. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, e pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, consonte a disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

Cuarto. Con respecto ás alegacións presentadas durante o período de información pública, visto o contido destas e a resposta da promotora, exponse o seguinte:

1. No que respecta ás alegacións de carácter ambiental e afeccións ao patrimonio vexetal, animal e arqueolóxico, estas foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 27.6.2018, que se fixo pública mediante a Resolución do 9 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas.

2. En relación coa reclamación sobre os prexuízos xerados polo proxecto sobre as servidumes de paso nos predios afectados, a promotora garantiu o seu mantemento e o respecto á servidume de acceso ás parcelas.

3. Cómpre indicar que as alegacións relacionadas coa titularidade e características dos bens e dereitos afectados, así como coas compensacións económicas que poidan percibir os afectados pola eventual expropiación daqueles, serán tidas en conta na resolución do procedemento de declaración de utilidade pública do parque eólico, que non é obxecto da presente resolución. Con todo, hai que indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar o cambio de titularidade do parque eólico Pico Touriñán a favor de Enel Green Power España, S.L.

Segundo. Outorgar a autorización administrativa previa ás instalacións do parque eólico Pico Touriñán, situado nos concellos da Estrada, Cerdedo e Campo Lameiro (Pontevedra) e promovido pola sociedade Enel Green Power España, S.L., cunha potencia de 24 MW.

Terceiro. Outorgar a autorización administrativa de construción, excepto no que se refire ás instalacións asociadas aos aeroxeradores 1 e 2, para o proxecto de execución das instalacións do parque eólico Pico Touriñán, composto polos documentos Proxecto técnico de execución parque eólico Pico Touriñán, asinado polo enxeñeiro industrial Alberto Izquierdo Belmonte, colexiado nº 1151 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, e visado polo dito colexio o 29.10.2010 co nº de visado VI1001546, e Modificado ao proxecto de execución do parque eólico Pico Touriñán. Xullo 2012, asinado polo enxeñeiro industrial José Luis Guerra Vázquez, colexiado nº 1519 do mencionado colexio.

As características principais recollidas no proxecto, excluíndo os mencionados aeroxeradores, son as seguintes:

Solicitante: Enel Green Power España, S.L.

Domicilio social: Fernando Casas Novoa, 37-B, 3º andar, San Lázaro, 15707 Santiago de Compostela.

Denominación: parque eólico Pico Touriñán.

Potencia autorizada: 24 MW.

Concellos afectados: A Estrada, Cerdedo e Campo Lameiro (Pontevedra).

Coordenadas dos vértices da poligonal do parque eólico:

Vértice poligonal

Coordenadas UTM
(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM
(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

542.815,00

4.714.715,00

542.690,05

4.714.500,11

2

543.434,00

4.714.715,00

543.309,06

4.714.500,11

3

543.434,00

4.714.532,00

543.309,05

4.714.317,11

4

543.730,00

4.714.532,00

543.605,06

4.714.317,11

5

543.730,00

4.714.352,00

543.605,06

4.714.137,11

6

544.335,00

4.714.352,00

544.210,07

4.714.137,11

7

544.335,00

4.713.529,00

544.210,06

4.713.314,10

8

543.828,00

4.713.529,00

543.703,05

4.713.314,10

9

543.828,00

4.713.105,00

543.703,05

4.712.890,10

10

543.473,00

4.713.105,00

543.348,04

4.712.890,10

11

543.473,00

4.712.803,00

543.348,04

4.712.588,10

12

542.815,00

4.712.803,00

542.690,03

4.712.588,10

Coordenadas dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Coordenadas UTM
(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM
(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

3

543.716,86

4.714.188,76

543.591,92

4.713.973,87

4

543.998,50

4.714.085,43

543.873,56

4.713.870,54

5

544.144,07

4.713.789,27

544.019,13

4.713.574,38

6

542.965,69

4.714.056,64

542.840,73

4.713.841,75

7

543.085,96

4.713.788,01

542.961,00

4.713.573,12

8

543.356,44

4.713.682,14

543.231,49

4.713.467,25

9

543.666,44

4.713.349,13

543.541,49

4.713.134,23

10

543.379,79

4.713.393,07

543.254,83

4.713.178,17

A posición da torre meteorolóxica en coordenadas UTM é a seguinte:

Torre

meteorolóxica

Coordenadas UTM
(fuso 29 ED50)

Coordenadas UTM
(fuso 29 ETRS89)

X

Y

X

Y

1

543.460,05

4.713.183,89

543.335,09

4.712.968,99

Características técnicas das instalacións eléctricas de produción, interconexión e transformación:

– 8 aeroxeradores Vestas V-112 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria de 94 m de fuste e 112 m de diámetro de rotor.

– 8 centros de transformación de 3.350 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,65/20 kV, Dyn5, instalados unitariamente no interior da torre do aeroxerador cos seus correspondentes aparellos de manobra e protección.

– 1 torre meteorolóxica autoportante de 94 m de altura, equipada con anemómetros, cataventos, medidores de temperatura e de presión, e logger rexistrador.

– Liñas eléctricas soterradas de 20 kV de tensión nominal en canalización entubada, normalmente baixo vía ou ben en terreo libre, para a evacuación de enerxía xerada e interconectando os centros de transformación 0,65/20 kV e a subestación transformadora 66/20 kV.

– Subestación transformadora intemperie-interior, equipada con transformador de 50/60 MVA, relación de transformación 66/20 kV e conexión YNDn11, celas de media tensión 20 KV, transformador de servizos auxiliares de 50 kVA e relación 20/0,42-0,24 kV, aparellos de medida, protección, telemando e control.

– Obra civil consistente en camiños de acceso a aeroxeradores, torre meteorolóxica, subestación, edificio de control, cimentacións e plataformas de aeroxeradores.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Enel Green Power España, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, en 326.732 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

2. Para a inscrición da instalación no Rexistro Autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), a promotora efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

3. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

4. De conformidade coa disposición transitoria cuarta, punto 3, da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a promotora disporá dun prazo de tres anos contado desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no punto 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

5. Previamente ao inicio das obras, a promotora deberá presentar ante esta dirección xeral o proxecto en que se reflictan as infraestruturas definitivas, especialmente a configuración final das vías derivada da supresión dos aeroxeradores 1 e 2, e obter a conformidade deste órgano.

6. Previamente ao inicio das obras, a promotora deberá presentar ante esta dirección xeral un estudo ambiental de sinerxias que inclúa as infraestruturas de evacuación, así como as posibles afeccións a infraestruturas próximas.

7. Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar ante a xefatura territorial un certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia e, así mesmo, deberá presentar ante esta dirección xeral un plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións do parque eólico, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

8. Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 27.6.2018 pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

9. No caso de que se manifesten perturbacións na recepción do sinal de televisión, directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Enel Green Power España, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolver a recepción do sinal ás anteriores condicións de calidade.

10. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación, aprobados polo Ministerio para a Transición Ecolóxica, que lle resulten de aplicación.

11. De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderá dar lugar a revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

12. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

13. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Alegacións presentadas durante o período de información pública, indicado no antecedente de feito cuarto, así como a mencionada no antecedente de feito décimo quinto:

Asociación Cultural O Fervedoiro, o 17.4.2013; Manual Touriño Castro, Ramón Vega Silva, José Ricoy Leiro e Manuel Martínez Leiro, o 3.4.2013; Juan Fernández Puente, o 18.3.2013; Manuela Picallo Cerviño, o 15.2.2013; Dolores Picallo Silva, o 18.3.2013; Xosé Henrique Bazal Bouzas, en representación da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo, o 8.5.2018.