Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2018 Páx. 39139

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (4/2018).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 4/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Suárez Pardo contra a empresa Juan José López Díaz, Federico Sánchez Fernández-Armesto e Global Group, Gestión de Compras y Servicios, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Sandra Suárez Pardo contra a empresa Global Group, Gestión de Obras y Servicios, S.L., debo declarar e declaro extinguida a relación laboral na data da presente resolución, e condeno a demandada a que lle aboe unha indemnización de 2.063,60 euros, máis 13.401,22 euros por falta de aboamento salarial máis, respecto desta cantidade, o xuro do 10 % por demora.

Apróbase a desistencia respecto de Federico Sánchez Fernández-Armesto e Juan José López Díaz.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que debe anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza e, no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banco de Santander desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Global Group, Gestión de Compras y Servicios, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 31 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza