Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2018 Páx. 39140

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 251/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 251/2018, seguido por instancia de Gerardo Ortega Silvar contra Cristóbal Eiranova Lema, sobre reclamación de cantidade, foi ditada sentenza número 126/2018, do 27 de xullo, pola cal se admite a demanda presentada.

Contra a devandita sentenza cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, que poderán anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días, a partir da notificación, por comparecencia ou por escrito. O texto íntegro de sentencia está ao dispor dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cristóbal Eiranova Lema, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza