Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 24 de agosto de 2018 Páx. 39137

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 1176/2018-MBL).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 1176/2018-MBL

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 508/2017 Xulgado do Social número 2 de Vigo

Recorrentes: Francisco Álvarez Salvador

Avogado: Claudio Miguel Barrios Morales

Procurador: Ramón de Uña Piñeiro

Recorridos: Fogasa e Alquileres Vigo Maquinaria Herramientas, S.A.

Avogado/a: letrado/a do Fogasa

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 176/2018, seguido por instancia de Francisco Álvarez Salvador contra Fogasa, Alquileres Vigo Maquinaria Herramientas, S.A. sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da parte demandante Francisco Álvarez Salvador contra a sentenza do quince de xaneiro de dous mil dezaoito ditada polo Xulgado do Social número 2 de reforzo de Vigo nos autos nº 508/2017, seguidos por instancia do demandante contra a empresa Alquileres de Vigo Maquinaria de Herramientas, S.A. e Fondo de Garantía Salarial sobre cantidades, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará mediante escrito presentado ante esta sala dentro do prazo improrrogable dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Alquileres Vigo Maquinaria, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza