Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2018 Páx. 39104

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de aprobación inicial do Convenio de actualización e modificación do Convenio urbanístico subscrito entre o Concello de Pontevedra e a Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE) o 13 de xullo de 2006.

A Xunta de Goberno local, na sesión do 18 de xuño de 2018, por unanimidade, adoptou o acordo de prestar aprobación, con carácter inicial, ao texto do Convenio de actualización e modificación do Convenio urbanístico subscrito entre o Concello de Pontevedra e a Organización Nacional de Ciegos Españoles (ONCE) o 13 de xullo de 2006, documento que debían asinar o Concello de Pontevedra e a ONCE e cuxo borrador se achega como anexo.

En cumprimento do punto segundo do referido acordo, e unha vez asinado o 20.7.2018, sométese a información pública o amentado convenio urbanístico para a execución do planeamento, durante o prazo dun (1) mes, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, no taboleiro de edictos do Concello, na sede electrónica do Concello www.sede.pontevedra.gal e nun dos xornais de maior difusión da provincia. O remate do citado prazo de alegacións computará desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e dilixenciarase a documentación exposta pola Secretaría da Administración municipal.

Durante o período de información pública, o texto íntegro do convenio, debidamente dilixenciado, xunto co correspondente expediente administrativo, estarán depositados nos servizos urbanísticos municipais, sitos na rúa dos Churruchaos, 2, baixo, 36071 Pontevedra, en horario de oficina, para que poida ser consultado, sen prexuízo do acceso electrónico a través da sede electrónica do Concello.

Ademais, infórmase que nestas datas xa está publicado na sede electrónica do Concello de Pontevedra (www.pontevedra.gal, ligazón exacta ao día de hoxe http://www.pontevedra.gal/areas/urbanismo-e-territorio/planeamento-urbanistico/planeamento-en-tramitacion/), o contido íntegro do documento aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno local, en cumprimento do disposto no artigo 7 da Lei 9/2013, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno.

Pontevedra, 27 de xullo de 2018

María do Carme da Silva Méndez
Alcaldesa accidental