Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2018 Páx. 39103

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de trámite de información pública do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación de hotel da natureza en camiño da Serpe, s/n, Raxó, promovido por Pepe Vieira, S.L.U. (1209/2017).

Aprobado inicialmente pola Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria realizada o 6 de agosto de 2018 (Decreto de delegación de competencias 29.6.2015), o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a implantación de hotel da natureza en camiño da Serpe, s/n, Raxó, Poio (Pontevedra), promovido por Pepe Vieira, S.L.U., de conformidade co establecido no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, procédese á apertura dun trámite de información pública durante dous meses computados desde o día seguinte ao da data de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos da consulta do expediente e a presentación das alegacións que se consideren por oportunas.

O expediente está dispoñible en formato papel na Secretaría do Concello das 9.00 ás 13.30 horas, sen prexuízo da consulta da documentación que se publicará no espazo de transparencia.

Poio, 16 de agosto de 2018

Luciano Sobral Fernández
Alcalde