Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 23 de agosto de 2018 Páx. 39105

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle de parcela situada en Penedo.

Anúnciase a aprobación definitiva do estudo de detalle referido a unha parcela situada en Penedo, co obxecto de reaxustar aliñacións, o que se publica para os efectos dos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do seu regulamento.

«O Pleno da corporación, en sesión extraordinaria con data do 17 de xullo de 2018, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle redactado por Catoure, S.L., referido a unha parcela con referencia catastral número 32076A05600591, situada no núcleo de Penedo, que desenvolve as determinacións e previsións do plan co obxecto de reaxustar aliñacións, polo que queda extinguida a suspensión de licenzas.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran así como o índice de planos do estudo de detalle no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Notificarlles o presente acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicarlle á Consellería competente en materia de urbanismo a aprobación do estudo de detalle, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Plan Urbanístico de Galicia.

Quinto. Facultar o alcalde para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto».

Contra o presente acordo, interporase recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte á publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

San Cibrao das Viñas, 17 de agosto de 2018

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde