Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38645

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 26/2017).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 26/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Cordido Cea contra As Mariñas Gestión de Cobro, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza, en cuxa parte dispositiva se acorda:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Rubén Cordido Cea contra a entidade As Mariñas Gestión de Cobro, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade As Mariñas Gestión de Cobro, S.L., a que aboe ao demandante a cantidade de 819,59 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados en xaneiro de 2016, a compensación económica polas vacacións non gozadas e 400 euros por axudas de custo de gasolina e comidas, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial».

E para que sirva de notificación en legal forma ás Mariñas Gestión de Cobro, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza