Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38646

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (DSP 139/2018).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento DSP 139/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Olga Vázquez Picado contra Neopunt, S.L., Diseño Tecnológico Textil de Galicia, S.L., Piu Punto, S.L. e Géneros de Punto Lanlo, S.L.U., sobre despedimento e reclamación de cantidade, ditouse a seguinte providencia:

«Providencia da maxistrada xuíza Celeste Ameneiro Sanín.

En Lugo o dezanove de xuño de dous mil dezaoito.

Vista a información que antecede respecto de Neopunt, S.L., resultante da base do Rexistro Mercantil Central a través do Punto neutro xudicial e publicada no Boletín Oficial del Registro Mercantil, conforme á cal consta inscrita a extinción da sociedade no Rexistro Mercantil, téndose a devandita extinción publicado no BORME con data do 9.7.2010, confírase ás partes prazo común de tres días para que aleguen o que ao seu dereito conveña sobre a posibilidade de apreciar de oficio a excepción procesual de falta de capacidade para ser parte da aludida mercantil.

Examinadas as actuacións compróbase que as comunicacións dirixidas a Piu Punto, S.L. e Diseño Tecnológico Textil de Galicia, S.L. foron devoltas coa recensión “descoñecido” polo servizo de Correos e que, conforme os datos solicitados do Rexistro Mercantil Central, a través do Punto neutro xudicial, Óscar Pérez López é liquidador da primeira e administrador único da segunda, polo que, tendo o aludido recibido no domicilio que consta na demanda para todas as demandadas a comunicación dirixida a Géneros de Punto Lanlo, S.L.U., diríxase novamente ao mesmo domicilio comunicación destinada persoalmente a Óscar Pérez López, na condición que desempeña respecto de cada unha das dúas primeiras mercantís, co fin de dar traslado a estas da demanda e citalas para os actos de conciliación e xuízo.

Para o caso de que o aludido Óscar Pérez López rexeite a recepción das comunicacións que lle son dirixidas en calidade de liquidador de Piu Punto, S.L. e administrador único de Diseño Tecnológico Textil de Galicia, S.L. pero en cambio, reciba a notificación da presente resolución como representante de Géneros de Punto Lanlo, S.L.U., teranse por adecuadamente citadas as dúas primeiras mercantís, sen máis trámite, de devir firme a presente resolución.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, conta número 2322.0000.30.0139.18.

Así o acorda e asina a súa señoría. Dou fe.

O/a maxistrado/a xuíz/a O/a letrado/a da Administración de xustiza»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Óscar Pérez López, expídese o presente.

Lugo, 23 de xullo de 2018

O letrado da Administración de xustiza