Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38644

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 745/2017).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 745/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Wendi Lizeth Tique Torres contra Ángel Veiga Pensado e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza coa seguinte parte dispositiva:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Wendi Lizeth Tique Torres contra o empresario individual Ángel Veiga Pensado e, en consecuencia, debo condenar e condeno o empresario individual Ángel Veiga Pensado a que aboe á demandante a cantidade de 3.622,78 euros brutos en concepto de cantidades debidas por salarios devindicados durante a súa relación laboral (entre decembro de 2016 e abril de 2017), así como a compensación económica polas vacacións non gozadas e a cantidade de 2.537,64 euros por horas extraordinarias realizadas durante a súa relación laboral, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Ángel Veiga Pensado, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza