Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37066

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (SS 1047/2016).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento da Seguridade Social 1047/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Andamios Souto, S.L., sobre Seguridade Social, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión, din:

«Sentenza

Na Coruña, vinte e un de xuño de dous mil dezaoito.

Jorge Hay Alba, maxistrada do Xulgado do Social número 2 da Coruña, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 1047/2016 sendo parte neste, dun lado como demandante Mutua Galega de Accidentes de Traballo, representada pola letrada Alicia Llan Lodos, e como demandados INSS e TXSS, representada pola letrada María José Goyanes Viviani e Andamios Souto, S.L., que non comparece, sobre declaración de responsabilidade no aboamento de prestacións, pronunciou en nome do rei, a seguinte sentenza

Decido

Que, admitindo a demanda interposta pola Mutua Galega de Accidentes de Traballo contra os demandados INSS, TXSS e Andamios Souto, S.L., debo declarar e declaro a responsabilidade directa e principal da empresa do aboamento das contías derivadas do accidente de traballo sufrido polos traballadores, declarando a responsabilidade subsidiaria do INSS e TXSS en caso de insolvencia empresarial; en consecuencia, condeno a empresa demandada con carácter principal e o INSS e TXSS co carácter subsidiario que se dixo, se é o caso, a reintegrar á mutua demandante 20.111,97 €.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicacion ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anuncialo ante este xulgado no prazo de cinco días contado a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Andamios Souto, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 13 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza