Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37068

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de citación (SS 439/2017).

SS Seguridade Social 439/2017

Procedemento de orixe: /

Sobre Seguridade Social

Demandante: Isidoro Rey Dopazo

Avogada: Elena Meira González

Demandados: Heroya, S.A., Grupo Oya Pérez, S.L., Servicio Público de Empleo Estatal, Altamar Heroya Primero, L.T.D., ISM e TGSS

Avogados: letrado do Servizo Público de Emprego Estatal, letrado da Seguridade Social e letrado da Tesouraría da Seguridade Social

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Isidoro Rey Dopazo contra Heroya, S.A., Grupo Oya Pérez, S.L., Servizo Público de Emprego Estatal, Altamar Heroya Primero, LTD, ISM, TXSS, en reclamación por Seguridade Social, rexistrado co número Seguridade Social 439/2017 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Heroya, S.A., Grupo Oya Pérez, S.L. e Altamar Heroya Primero, L.T.D., en ignorado paradoiro, para que compareza o día 23 de outubro de 2018 ás 9.45 horas, na planta -1, sala 6, Edificio Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e de que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretendan comparecer ao acto do xuízo asistidos de avogado ou representados tecnicamente por graduado social colexiado, ou representados por procurador, porán esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Heroya, S.A., Grupo Oya Pérez, S.L. e Altamar Heroya Primero, LTD, expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 10 de xullo de 2018

O letrado da Administración de xustiza