Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37063

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO (993/2016).

F02 Faml. gard, custdo. ali. fill. menor non matri. nº C 993 /2016

Sobre outras materias

Demandante: Rosa Beatriz Duarte Giménez

Procurador: Xulio Andrés Barreiro Fernández

Avogada: Eva María Gondelle Garazo

Demandado: Elías Magín Ortiz Irala

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza n°498/2017

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2017

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, este xuízo verbal nº 993/2016, promovido por Rosa Beatriz Duarte Giménez, representada polo procurador Sr. Barreiro Fernández e asistida da letrada Sra. Gondelle Garazo, con intervención da representante do Ministerio Fiscal ao concorrer fillo menor de idade, contra Elías Ortiz Irala, maior de idade, sinalado en autos e declarado en rebeldía procesual.

Resolvo que, estimando substancialmente a demanda de xuízo verbal deducida por Rosa Beatriz Duarte Giménez, representada polo procurador Sr. Barreiro Fernández e asistida da letrada Sra. Gondelle Garazo, con intervención da representante do Ministerio Fiscal ao concorrer fillo menor de idade, contra Elías Ortiz Irala, maior de idade, sinalado en autos e declarado en rebeldía procesual, procede acceder á adopción das seguintes medidas definitivas:

1º. Atribuír a garda e custodia do menor, Elías Fabián Ortiz Duarte, á súa nai, Rosa Beatriz Duarte Giménez. A patria potestade será de titularidade compartida por ambos os proxenitores.

2º. Establecer que o seguinte réxime de estadías e comunicación do menor co seu pai sexa, sen dereito a pasar a noite, durante quince días consecutivos durante o mes de agosto, das 11.00 ás 20.00 horas.

O menor será recollido polo pai, no domicilio familiar materno, deberá reintegralo a este unha vez finalizado o período de visitas.

3º. Fixar a favor do menor, Elías Fabián Ortiz Duarte, unha pensión alimenticia a cargo do seu pai, Elías Magín, dun importe de 300 € mensuais que Elías Magín deberá satisfacer por adiantado dentro do cinco primeiros días de cada mes no número de conta bancaria que se indique para o efecto.

A dita cantidade será revisada anualmente, de acordo coas variacións experimentadas á alza, polos índices de prezos de consumo elaborados polo INE ou organismo oficial que o substitúa.

4°. O demandado satisfará o 50 % dos gastos extraordinarios do seu fillo menor.

Consideraranse gastos extraordinarios aqueles gastos médicos e/ou farmacéuticos non cubertos polo sistema público ou privado de saúde de ningún dos proxenitores, os libros, o material escolar, os gastos derivados do inicio do curso escolar, uniformes e equipacións deportivas exixidos durante o curso escolar, así como as actividades extraescolares que ambos os proxenitores decidan que o menor realice.

5º. Atribuírlle á demandante o exercicio en exclusiva da patria potestade en materias académicas e sanitarias, medidas referidas ao domicilio, empadroamento, obtención e renovación de DNI e pasaporte e análogos, trámites administrativos referentes ao fillo menor habido en común, Elías Fabián Ortiz Duarte.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas deste proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Coruña (artigo 458 e seguintes, e 776 da Lei de axuizamento civil) logo de consignación do depósito de 50 € previsto na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial (LOPX).

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada en audiencia pública polo xuíz que a ditou no día da data. Dou fe».

Como consecuencia do ignorado paradoiro de Elías Magín Ortiz Irala, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018

O letrado da Administración de xustiza