Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37061

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DCT 737/2017).

Eu, Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, anuncio que no presente procedemento, seguido por instancia de Consuelo Giménez Giménez, beneficiaria do dereito de asistencia xurídica gratuíta, contra Alberto Bentos Montoya, foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva teñen o teor literal seguinte:

«Sentenza nº 236/2018.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2018.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio nº 737/2017, promovido pola procuradora Sra. Losada Gómez en nome e representación de Consuelo Giménez Giménez, asistida do letrado Sr. Germade Mayo, contra Alberto Bentos Montoya, maior de idade, indicado en autos, declarado en rebeldía procesual e sen definitiva intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade no citado matrimonio. (…)

Decido.

Que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Losada Gómez, en nome e representación de Consuelo Giménez Giménez, asistida do letrado Sr. Germade Mayo, contra Alberto Bentos Montoya, maior de idade, indicado en autos, declarado en rebeldía procesual e sen definitiva intervención da representante do Ministerio Fiscal ao non concorreren fillos menores de idade no citado matrimonio, debo decretar e decreto o divorcio do matrimonio contraído por ambos os litigantes no 1.10.1988 en Santiago de Compostela, inscrito no tomo 84, páxina 9 do Rexistro Civil desa localidade, por concorrer a causa prevista no artigo 86.1 do Código civil, transcorridos máis de tres meses de matrimonio.

Unha vez firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación de depósito previsto na D.A. 15º da LOPX.

Así o pronuncio, mando e asino, por esta miña sentenza, eu, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela e o seu partido xudicial».

E encontrándose o devandito demandado, Alberto Bentos Montoya, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza