Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37059

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (DCT 764/2015).

Eu, Cristina Cao Sánchez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Santiago de Compostela, anuncio que no procedemento seguido por instancia de Nezha Abbouchcharif (beneficiaria de xustiza gratuíta) contra Ahmed Mahboub, foi ditada sentenza e auto aclaratorio cuxo teor literal é o seguinte:

«Xuízo de divorcio contencioso 764/2015.

Sentenza 40/2018.

Vistos por min, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial, o presente xuízo de divorcio 764/2015, promovido pola procuradora Sra. Míguez Fuentes, en nome e representación de Nezha Abbouchcharif, asistida do letrado Sr. Varela Balay contra Ahmed Mahboub, maior de idade, indicado en autos, declarado en rebeldía procesual e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal, ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio.

Decido que, estimando integramente a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Míguez Fuentes en nome e representación de Nezha Abbouchcharif, asistida do letrado Sr. Varela Balay, contra Ahmed Mahboub, maior de idade, indicado en autos, declarado en rebeldía procesual e sen intervención da representante do Ministerio Fiscal, ao non concorreren fillos menores de idade ou incapaces no citado matrimonio, debo declarar disolto por divorcio o matrimonio, contraído o 16/1011980, por Nezha Abouchcharif e Ahmed Mahboub, cuxa acta de matrimonio está consignada co número 265, folio 156, do rexistro de matrimonios número 96, da sección notarial de Meknes, Sección da Xustiza de Familia, Tribunal de Primeira Instancia de Meknes, Tribunal de Apelación de Meknes, Marrocos e, unha vez firme, expedir o correspondente testemuño da sentenza para a inscrición do divorcio no Rexistro Civil Central.

Unha vez firme a presente resolución, remítanse os oportunos oficios para as procedentes anotacións rexistrais.

Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas do presente proceso.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación nos prazos e termos previstos na vixente Lei de axuizamento civil para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña (artigos 458 e 776 da Lei de axuizamento civil), logo de consignación de depósito previsto na disposición adicional 15ª da LOPX.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, eu, Roberto Soto Sola, maxistrado xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia número 6 desta localidade e o seu partido xudicial.

Auto aclaratorio da Sentenza 40/2018.

Maxistrado xuíz, Roberto Soto Sola.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2018

Parte dispositiva:

Acordo aclarar a Sentenza do 2 de febreiro de 2018, ditada no presente procedemento, no sentido que se indica:

Onde di: “... debo declarar disolto por divorcio o matrimonio, contraído o 16/1011980, por Nezha Abouchcharif e Ahmed Mahboub...”, debe dicir: “... debo declarar disolto por divorcio o matrimonio, contraído o 16.10.1980, por Nezha Abouchcharif e Ahmed Mahboub...”.

Modo de impugnación: contra esta resolución non caberá ningún recurso, sen prexuízo dos recursos que procedan, se for o caso, contra a resolución a que se refire a solicitude de aclaración.

Así o manda e acorda, S.Sª.; dou fe.

O maxistrado xuíz. A letrada da Administración de xustiza».

E encontrándose o devandito demandado, Ahmed Mahboub, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto para que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza