Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37102

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017085AM-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

O 11 de xuño de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou a resolución do expediente sancionador 2017085AM-OU incoado a Seindra Mantementos, S.L.U., CIF B-32467912, con enderezo na avenida Manuel Quiroga, 70, do Barco de Valdeorras (Ourense).

Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Seindra Mantementos, S.L.U., CIF B-32467912, con enderezo na avenida Manuel Quiroga, 70, do Barco de Valdeorras (Ourense), o contido da referida resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación desta cédula, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e obter, se for o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Tamén as administracións públicas lexitimadas para impugnar o acto poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contado desde a data da publicación e poden realizar un requirimento previo de anulación ou revogación do acto no prazo de dous meses, todo isto de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-adminstrativa.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina bancaria colaboradora empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e a súa eficacia queda supeditada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 17 de xullo de 2018

A xefa territorial de Ourense
P.S. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo)
Francisco José Rodríguez Saavedra
Xefe do Servizo de Xestión de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2017085AM-OU.

Interesada: Seindra Mantementos, S.L.U.

DNI/NIF/CIF: B-32467912.

Último enderezo coñecido: avenida Manuel Quiroga, 70, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria: Real decreto 742/2013.

Sanción proposta: novecentos euros (900 €).