Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 24 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica á interesada a terminación do procedemento administrativo de regulación urbanística da concesión de explotación de recursos da sección C) Quintela, número 4308, e o arquivamento das actuacións practicadas.

Por Resolución do 24 de abril de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, procedeuse á terminación do procedemento administrativo de regulación urbanística da concesión de explotación de recursos da sección C) Quintela nº 4308, consonte o previsto na disposición transitoria décimo segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, pola desaparición sobrevida do obxecto da solicitude, e o arquivamento das actuacións efectuadas.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase a Canteras Hermanos Cortiñas, S.L. para ser notificada por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4ª planta, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen terse efectuado a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas