Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 9 de agosto de 2018 Páx. 37104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 19 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2018062TA-OU, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 12 de xuño de 2018, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2018062A-OU incoado a Diego García Pazos, co documento identificador 34629030T, como responsable do establecemento Area Club, con enderezo na rúa Alameda, 15, 32600 Verín (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 42.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 44 da dita lei, notifícase a Diego García Pazos, DNI 34629030T, o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto na letra f) do artigo 64.2 e no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 53.1 da citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos na letra f) do artigo 64.2 da Lei 39/2015.

Así mesmo, comunícaselle que antes da resolución do procedemento ten dereito a que se apliquen as reducións no importe da sanción establecidas no artigo 85 da citada Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Así mesmo, faise constar que a eficacia da notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Ourense, 19 de xullo de 2018

A xefa territorial de Ourense
P.S. (Decreto 33/2014, do 6 de marzo)
Francisco José Rodríguez Saavedra
Xefe do Servizo de Xestión de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2018062TA-OU.

Interesado: Diego García Pazos, como responsable do establecemento Area Club.

DNI/NIF/CIF: 34629030T.

Último enderezo coñecido: rúa Alameda, 15, 32600 Verín (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Lei 28/2005, modificada pola Lei 42/2010.

Artigo 7.u). Artigo 19.3.b).

Sanción proposta: seiscentos un euros (601 €).