Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36753

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 23 de xullo de 2018 pola que se modifica a autorización do centro privado Daniel Castelao, de Vigo.

A titularidade do centro privado Daniel Castelao, de Vigo, solicita a modificación da autorización do centro docente para a supresión do ciclo formativo de grao medio (CM) Comercio e da educación secundaria para persoas adultas e autorización para impartir o ciclo superior (CS) Comercio Internacional e o CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.

Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Autorización de ensinanzas

Autorizar a implantación do ciclo superior (CS) Comercio Internacional e do CS Desenvolvemento de Aplicacións Web, e a supresión do ciclo medio (CM) Comercio e da educación secundaria para persoas adultas. O centro queda configurado como se sinala a seguir:

Denominación xenérica: Centro privado (CPR).

Denominación específica: Daniel Castelao.

Código do centro: 36011853.

Domicilio: García Barbón, 50 baixo, local 1.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Cebem FP, S.L.

Composición resultante:

• FPB (Formación Profesional Básica) Electricicidade e Electrónica (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• FPB Servizos Administrativos (2 unidades, 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Xestión Administrativa (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CM Instalacións Eléctricas e Automáticas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Administración e Finanzas (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Comercio Internacional (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Desenvolvemente de Aplicacións Web (2 unidades, 30 alumnos/as cada unha).

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria