Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36654

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de rectificación de sentenza (PO 56/2017).

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 56/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de María José Pena Andrade contra o Fondo de Garantía Salarial, Deus Creaciones, S.L., Shivshi, S.L., Bendita Costura, S.L., Costura Invisible, S.L., Pedracapela, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Vainica Doble, S.L., Confecciones Ideal, S.L., administración concursal de Gaviota Textil XXI, S.L., administración concursal de Plataforma Costurera, administración concursal de Confecciones Fraga, Confecciones Deus, S.L., administración concursal de Confecciones Deus, Gaviota Textil XXI, S.L., Perseo Textil, S.L., administración concursal de Costura Invisible, administración concursal de Confecciones Deus, S.L., administración concursal de Shivshi, S.L., empresa Deus Deluxe, S.L., administración concursal de Confecciones Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., sobre procedemento ordinario, ditouse auto de rectificación de sentenza, cuxa parte dispositiva di:

Rectificar o erro de transcrición contido na sentenza ditada nos presentes autos en data do 31 de xaneiro de 2018, na súa resolución, que quedará redactada do seguinte modo, manténdose os restantes pronunciamentos:

«...Que debo estimar e estimo a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por María José Pena Andrade contra as entidades Confecciones Deus, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confección Ideal, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Perseo Textil, S.L., Puntada Elaborada, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L., a administración concursal de Deus Creaciones, S.L., Confecciones Deus, S.L., e Costura Invisible, S.L., a administración concursal de Confección Ideal, S.L., a administración concursal de Confecciones Fraga, S.L., a administración concursal de Plataforma Costurera, S.L., a administración concursal de Shivshi, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente as anteriores entidades a que aboen á demandante a cantidade de 2.559,20 euros brutos, por salarios devindicados entre decembro de 2015 e febreiro de 2016, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Que debo desestimar e desestimo a demanda que, en materia de cantidade, foi interposta por María José Pena Andrade fronte ás entidades Gaviota Textil XXI, S.L. e Confecciones Ideal, S.L., así como a administración concursal de Confección Ideal, S.L., ás que debo absolver das pretensións formuladas na súa contra...».

Notifíquese esta resolución ás partes, advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza, cuxo prazo de formulación se iniciará de novo coa notificación da presente resolución.

Así, por este auto, mándoo e asínoo, a maxistrada Pilar Carreira Vidal. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma ás demandadas, que se encontran en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza