Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36652

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (17/2018).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 17/2018 por instancia de Doris Cuero Vente, sobre despedimento, nos cales se ditou sentenza o 2 de xullo de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolución

Estímase a demanda formulada por Doris Cuero Vente fronte á empresa Christian Omar Vadell Valdez e, en consecuencia:

Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Christian Omar Vadell Valdez á traballadora Doris Cuero Vente.

Condénase a empresa Christian Omar Vadell Valdez a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da traballadora ou o aboamento dunha indemnización de 237 euros, determinado o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 43,09 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Chistian Omar Vadell Valdez expido e asino a presente.

A Coruña, 10 de xullo de 2018

O secretario xudicial