Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36650

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (DSP 131/2018).

Eu, Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número 3 en substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 131/2018 por instancia de Javier Ramos Rosende contra a empresa Indeos, S.L.U. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou a Sentenza do 3 de xullo de 2018 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo.

Estímase a demanda formulada por Javier Ramos Rosende contra Indeos, S.L.U., con intervención do Fondo de Garantía Salarial, e en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Indeos, S.L.U. ao demandante Javier Ramos Rosende.

– Condénase a empresa Indeos, S.L.U. a que, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, opte entre a readmisión do traballador ou o aboamento dunha indemnización de 4.372,83 euros; o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 44,17 euros diarios.

Notifíqueselles esta resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución. Abondará coa manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Indeos, S.L.U., expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de xullo de 2018

O secretario xudicial