Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36646

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (484/2017).

ORD procedemento ordinario 484/2017

Procedemento de orixe:

Sobre outras materias

Demandante: Banco Bilbao Vizcaya Argentaria

Procurador: José Paz Montero

Avogada: María Paloma García Melchor

Demandado: Rafael Castro García

Eu, José Luis Pérez García, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente edicto anuncio que no procedemento ordinario 484/2017 seguido por instancia de Banco Bilbao Vizcaya Argentaria contra Rafael Castro García, foi ditada sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza 62/2018.

Xuíz que a dicta: maxistrado xuíz Martínez Vázquez

Lugar: Santiago de Compostela

Data: 3 de julio de 2018

Demandante: Banco Bilbao Vizcaya Argentaria

Avogada: María Paloma García Melchor

Procurador: José Paz Montero

Demandado: Rafael Castro García (en rebeldía procesual)

Xuízo ordinario 484/2017, sobre préstamo hipotecario

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2018

Decido:

Estimar substancialmente a demanda interposta por Banco Bilbao Vizcaya Argentaria, representado polo Sr. Paz Montero, contra Rafael Castro García, en rebeldía procesual, e condeno o demandado a aboar á demandante 197.181,26 euros máis os xuros legais desde a data de interposición da demanda (31 de xullo de 2017).

Isto con imposición de custas ao demandado.

Notifíquese esta sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que, se for o caso, se deberá interpor ante este mesmo xulgado dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución.

Para a interposición do recurso de apelación será necesaria a constitución previa do depósito de 50 euros, que se deberá consignar na conta de depósitos e consignacións do xulgado, consignación que se xustificará no momento de presentar o escrito de interposición. Se o recurso se estimar total ou parcialmente, restituirase o depósito, que se perderá para sufragar as actividades do Ministerio de Xustiza e comunidades autónomas en caso de desestimación total. Quedan exentos os que teñan recoñecido o dereito de asistencia xurídica gratuíta, así como o Ministerio Fiscal, as administracións públicas e os organismos autónomos.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo. Jorge Martínez Vázquez, maxistrado xuíz deste xulgado».

E encontrándose o devandito demandado Rafael Castro García, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2018

O letrado da Administración de xustiza