Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36710

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 17 de xullo de 2018 pola que se notifica aos interesados a liquidación de préstamo con garantía hipotecaria por non ocupación de vivenda de promoción pública e outras causas.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben cando, intentada esta, non se puidese efectuar...», emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia, na cal se lles dará coñecemento do contido íntegro do acto que se notifica.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de tramitación, o Servizo de Réxime Xurídico e Inspección do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), situado en Área Central, s/n, Polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela, nun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no taboleiro de edictos (TEU) do BOE.

No caso de transcorrer o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente: OR 83010 conta 6.

Nome: Comunidade hereditaria de Alberto Fernández García con DNI XXXXX950A e comunidade hereditaria de María Dina Jiménez Dual con DNI XXXXX360P.

Indicación do contido do acto que se notifica:

Notificación ás comunidades hereditarias de Alberto Fernández García e de María Dina Jiménez Dual da cantidade exixible resultante de liquidación de préstamo con garantía hipotecaria sobre a vivenda de promoción pública adquirida en 1988 ao IGVS por Alberto Fernández García e María Dina Jiménez Dual.

Trátase dun acto de mero trámite, polo que, de conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 39/2015, non poderá interpoñerse recurso ningún.