Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36708

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 23 de xullo de 2018 pola que se notifica o acordo de inicio de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2013/009, cuxa notificación por oficio foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), despois de intentar sen éxito a notificación do acordo de inicio de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2013/009 no último domicilio social coñecido da entidade Voga Desarrollo, S.L., notifícaselles aos interesados, por medio desta cédula no Boletín Oficial del Estado, o contido do dito acto como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Segundo o establecido no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, na tramitación do procedemento de reintegro garantirase, en todo caso, o dereito do interesado á audiencia, polo que, consonte o disposto no artigo 82.2 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, se lle concede ao beneficiario da subvención un prazo de quince (15) días para alegar e presentar os documentos e xustificacións que xulgue pertinentes. Se antes do vencemento do prazo os interesados manifestan a súa decisión de non efectuar alegacións nin achegar novos documentos ou xustificacións, terase por realizado o trámite.

Os interesados, durante este prazo, poderanse presentar nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sita na rúa Airas Nunes, s/n, 15702 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren integramente o contido do acto administrativo.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Proxecto: IN525A-2013/009.

Nome ou razón social: Voga Desarrollo, S. L.

CIF/NIF: B70201983.

Axuda: Resolución do 10 de outubro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN525A).

Contido do acto administrativo: acordo de inicio de expediente de reintegro de subvención.