Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36706

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de xullo de 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se sinala a data para a formalización das actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-308, treito O Covelo-Raxó (punto quilométrico 8+190 a 11+890), no concello de Poio (clave PO/16/102.06).

En cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, este servizo resolveu efectuar o pagamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación correspondentes a expedientes de expropiación forzosa instruídos para o termo municipal de Poio, con motivo das obras do proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-308, treito O Covelo-Raxó (p.q. 8+190 a 11+890), no concello de Poio, aos propietarios dos predios cuxa relación figura exposta no taboleiro de anuncios do concello referido.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa, do 26 de abril de 1957, convócanse ao acto de formalización das actas de ocupación que terá lugar:

Concello: Poio.

Lugar: casa consistorial (praza do Mosteiro, número 1).

Data: 30 de agosto de 2018.

Hora: das 9.30 ás 13.00 horas.

No mesmo acto ofertaranse aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertíndolles aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado e que non se admitirá representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, polo que deberán achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros e deberán identificarse co documento nacional de identidade.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publicarase o anuncio no Boletín Oficial del Estado, o que lles servirá de notificación aos propietarios descoñecidos e dos cales se ignore o lugar de notificación, ou ben se, intentada esta, non se puider practicar.

Pontevedra, 18 de xullo de 2018

O xefe provincial de Pontevedra
P.D. (Orde do 20.7.2015)
Alfonso Tenorio Aranguren
Enxeñeiro de Funcións Facultativas