Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 7 de agosto de 2018 Páx. 36704

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 23 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-PO-0378/2017-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-PO-0378/2017-PPM e dous máis.

As persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo, ante o órgano xudicial competente da orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto nos artigos 25 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 23 de xullo de 2018

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Interesados

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-PO-0378/2017-PPM

Ignacio Salvador del Campo Santiago

36120629A

Resolución recurso de alzada

Avenida Monterreal, 17, 2ºA, Baiona

PSC-PO-0389/2017-PPM

Joaquín López Goce

53179983G

Resolución recurso de alzada

Urgal, 64, Belesar, Baiona

PSC-PO-0390/2017-PPM

Eugenio Malde García

36104050F

Resolución recurso de alzada

Avenida Monterreal, 1, baixo, Baiona