Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35899

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCION do 10 de xullo de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se acorda o emprazamento a José Figueroa Martínez, interesado no recurso contencioso-administrativo tramitado polo procedemento ordinario 111/2018-2P, interposto ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo.

Con data do 8 de xuño de 2018, Raquel Sabariz García, actuando en nome e representación da mercantil Apetéceme, S.L., presentou escrito de demanda en que formula recurso contencioso-administrativo contra a Resolución do titular da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, do 19 de febreiro de 2018, pola que se resolve o recurso de alzada interposto contra o acto de exclusión adoptado pola mesa de contratación o 23 de novembro de 2016, no marco do procedemento de contratación AB-CHXI -09-038 «Adecuación, equipamento e explotación do servizo de cafetaría-comedor do Novo Hospital de Lugo».

Admitida a demanda, coñece esta o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Lugo, o cal require a Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos para que remita o expediente administrativo e emprace cantos aparezan como interesados no expediente.

En consecuencia, de conformidade co disposto nos artigos 48 e 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (en diante, LXCA), emprázase a José Figueroa Martínez para que poida comparecer ante o dito xulgado, se convén ao seu dereito, no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Así mesmo, indícase que, de acudir fóra do prazo indicado, se terán por parte para os trámites non precluídos, con base no previsto no artigo 50.3 da LXCA e, se non comparecen oportunamente, continuará o procedemento polos seus trámites, sen que proceda efectuarlles en estrados ou en calquera outra forma notificacións de ningunha clase.

Lugo, 10 de xullo de 2018

Ramón Ares Rico
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos