Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35898

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 11 de xullo de 2018 polo que se notifica a persoa interesada o emprazamento para a comparecencia no recurso contencioso-administrativo do procedemento abreviado 379/2017.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non foi posible efectuar faranse por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado. Así mesmo, previamente e con carácter facultativo, poderase publicar un anuncio no boletín oficial da comunidade autónoma.

Unha vez intentada a notificación no último domicilio coñecido e logo de ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible efectuala, por medio deste anuncio comunícase a Candelaria Suárez Muñoz que se está tramitando o recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 379/2017, no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, interposto pola Compañía de Seguros Caser contra o Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola desestimación por silencio da reclamación de responsabilidade patrimonial polos danos causados na vivenda situada na rúa Fermín Rivera, núm. 45, de Lugo.

Este organismo remitiu o 30 de maio de 2018, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o correspondente expediente ao referido xulgado, o que se lle notifica como interesada no procedemento e se empraza co fin de que poida comparecer, se o considera oportuno, ante o dito xulgado no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo