Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35900

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Viveiro

ANUNCIO da Alcaldía, do 6 de xullo de 2018, no procedemento de execución subsidiaria de xestión de biomasa vexetal e adaptación de plantacións ao establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas parcelas sitas no contorno da gasolineira do lugar de Río Pedroso, Magazos, concello de Viveiro.

Intentada a notificación aos interesados no procedemento sen que fose posible practicala, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio do presente anuncio comunícaselles e requíreselles ás persoas responsables descoñecidas a súa obriga de xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas. Concédeselles para facelo un prazo máximo de 15 días naturais, desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo.

Indícase que o texto íntegro do acto que se notificará, así como o expediente no seu conxunto, se encontran á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias de Urbanismo do Concello de Viveiro.

Referencias catastrais:

1. 2925403PJ1322N0001QG: Hros. de Justa López Cao.

2. 2827917PJ1322N0002QH, 2925405PJ1322N0002BH, 2827920PJ1322N0001MG: Hros. de Antonio López Cao.

3. 27067A037000200000XJ, 27067A037000520000XJ: Antonio Orcazberro Escourido.

4. 2827916PJ1322N0002GH 27067A037017720000XG: Margarita Martínez-Orcazberro Cuba.

5. 27067A037000490000XJ 27067A037000510000XI: Hros. de Antonio López Cao, Hros. de Manuel López Cao, Hros. de Justa López Cao e Hros. de Ramona López Cao.

6. 27067A037000500000XX: en investigación, descoñecéndose os propietarios.

7. 27067A037000530000XE: Hros. de Beatriz Rebellón Basanta, C.B.

8. 2827909PJ1322N0002WH: Hros. de María Flora Barros Durán.

O que se publica para os efectos indicados.

Viveiro, 10 de xullo de 2018

María Loureiro García
Alcaldesa