Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2018 Páx. 35706

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 181/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 181/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ainhoa Alberdi Fernández contra Gestio Illahotels, S.L., Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza co número 289/2018 con data 27 de xuño de 2018, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 181/2018 sobre despedimento, seguidos por instancia de Ainhoa Alberdi Fernández, representada e asistida polo graduado social Sr. Vidal Rey contra Gestio Illahotels, S.L., que non compareceu ao xuízo oral; despois de ser citado o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes,»

«Decisión:

Que estimando integramente a demanda interposta por Ainhoa Alberdi Fernández contra Gestio Illahotels, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola demandada Gestio Illahotels, S.L. con data de efectos o día 9 de febreiro de 2018 e, ao non ser realizable a readmisión da traballadora demandante, debo declarar e declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral existente entre a demandante e a mercantil demandada.

2. Debo condenar e condeno a mercantil demandada a que lle aboe á demandante a suma de 2.836,77 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral na data desta resolución; e a suma de 6.517,71 euros brutos en concepto de salarios de tramitación deixados de percibir desde a data de efectos do despedimento ata a extinción da relación laboral na presente resolución, sen prexuízo dos descontos que, se é o caso, procedan respecto da dita suma en fase de execución de sentenza, en relación coas prestacións por desemprego ou pola colocación do demandante durante o dito período de salarios de tramitación en función do salario que estea a percibir no seu novo emprego.

3. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación desta resolución.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta poderán interpor recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Gestio Illahotels, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza