Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2018 Páx. 35708

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 551/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 551/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Rendo Pérez contra Segur Ibérica, S.A., Fogasa, Prosegur Soluciones Integrales de Seguridad España, S.L., sobre ordinario, se ditou sentenza co número 295/2018 en data 28 de xuño de 2018, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Elena Calleja Curros, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 1, tras ver o presente procedemento ordinario 551/2016 por instancia de Manuel Rendo Pérez, representado e asistido da letrada Sra. Cancela Regueiro, contra Segur Ibérica, S.A., que non comparece a pesar desta citada en legal forma; contra Prosegur Soluciones Integrales de Seguridad España, S.L., representada e asistida do letrado Sr. Payá González; con citación de Landwell-Pricewaterhousecoopers Tax & Legal Services, S.L., en calidade de administración concursal de Segur Ibérica, S.A., que non comparece malia estar citada en legal forma, en nome do rei, pronunciou a seguinte,»

«Decisión:

Tense por desistida á parte demandante da pretensión deducida fronte a Prosegur Soluciones Integrales de Seguridad España, S.L.

Estímase parcialmente a demanda interposta pola parte demandante fronte a Segur Ibérica, S.A., despois de ser citado o administrador concursal, e condénase a demandada a aboarlle á demandante a cantidade de 235,71 euros máis o xuro legal dos artigos 1100 e ss CC, que se computará desde a interposición da papeleta de conciliación.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, coa indicación de que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Así o acorda, manda e asina Elena Calleja Curros, maxistrada de reforzo deste xulgado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Segur Ibérica, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza