Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2018 Páx. 35694

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1068/2018 GA).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1068/2018 desta sala, seguido por instancia de Susana Antelo Pérez contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Servizo Público de Emprego Estatal, e as empresas Hampton, S.A., Inditex, S.A., Zara España, S.A., e Confecciones Busto Lope, S.L. sobre desemprego, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos.

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da demandante, contra a sentenza con data do 6 de novembro de 2017, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, en autos 757/2015, revogamos en parte a sentenza recorrida, declarando que a base reguladora da prestación contributiva de desemprego recoñecida á demandante, por Resolución de 17 de xuño de 2015, ascende á suma de 40,41 euros/día, condenando ao SPEE a estar e pasar pola anterior declaración e ao aboamento da prestación recoñecida, conforme a devandita base reguladora, confirmando a sentenza recorrida nos seus restantes pronunciamentos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao Libro de sentenzas desta Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Confecciones Busto Lope, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 2 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza