Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2018 Páx. 35693

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2018 do nomeamento dun funcionario do corpo de xestión.

No uso das facultades que me confiren o Estatuto do persoal do Parlamento de Galicia, o Regulamento de organización e funcionamento da Administración do Parlamento de Galicia e as bases da convocatoria do procedemento selectivo para o ingreso nunha praza do corpo de xestión do Parlamento de Galicia (grupo B), por promoción interna, mediante o sistema de concurso-oposición,

RESOLVO:

Nomear funcionario do corpo de xestión do Parlamento de Galicia a José Ramón de la Fuente Rodríguez.

Contra esta resolución poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición, ante a Presidencia do Parlamento de Galicia, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2018

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia