Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2018 Páx. 35493

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (SSS 561/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 561/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap contra Casal Munín, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social e José Manuel Couselo Juncal, sobre ordinario, ditouse sentenza co número 158/2018 o 19 de marzo de 2018, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte resolución:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos número 561/2015, sobre seguridade social, seguidos por instancia de Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 61, representada e asistida polo letrado Sr. Balo Couto, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representados e asistidos pola letrada Sra. Goyanes Viviani, contra Calsal Munín, S.L., que non compareceu ao xuízo oral, e contra J. Manuel Couselo Juncal, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española, dito a presente sentenza, con base nos seguintes».

«Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta por Fremap Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales de la Seguridad Social número 61, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Calsal Munín, S.L., e J. Manuel Couselo Juncal, debo condenar e condeno a mercantil Casal Munín S.L. a reintegrarlle a Fremap a cantidade de 4.977,44 euros, en concepto de subsidio de IT anticipado por Fremap en relación co accidente de traballo do Sr. Couselo Juncal sufrido o 24 de marzo de 2011, sendo a devandita cantidade de responsabilidade da mercantil Casal Munín, S.L. conforme a porcentaxe de responsabilidade do 44,77 % que lle foi imputado por infracotización, e declarando a responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social para o caso de insolvencia empresarial na mesma porcentaxe do 44,77 % de responsabilidade; condenando os demandados a avirse ás devanditas declaracións con todos os efectos legais inherentes a estas.

Notifíquese ás partes a presente resolución facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación (artigo 191.3.c) da LRXS).

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Casal Munín, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza