Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2018 Páx. 35491

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 191/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza en substitución regulamentaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 191/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Paula Santos Ucha contra Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L., con citación do Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza co número 294/2018 o 25 de xuño de 2018, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 191/2016, seguidos por instancia de Paula Santos Ucha, asistida polo letrado Sr. González Magdalena, contra Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L., que non compareceu ao xuízo oral; despois de ser citado o Fondo de Garantía Salarial, que non compareceu ao xuízo oral; en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española e en nome da súa maxestade o rei, dito a presente sentenza, con base nos seguintes».

«Que, estimando parcialmente a demanda interposta por Paula Santos Ucha contra Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L. a aboarlle á demandante a suma de 614,47 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza, incrementada cos xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non procede a súa condena nesta instancia e deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Instituto Español de Formación Laboral y Profesional, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza