Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35303

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 211/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 211/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Encarnación Cameán Rey contra Gestio Illahotels, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou sentenza de data 25 de xuño de 2018, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 310/2018.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como DSP (en materia de despedimento improcedente) baixo o número 211/2018, nas que é parte demandante María Encarnación Cameán Rey, asistida polo Graduado Social Sr. Sánchez Mariño, e son partes co-demandadas a mercantil Gestio Illahotels, S.L., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que así mesmo non comparece a pesar de constar igualmente citado en legal forma e tempo en unida de autos para iso, en nome de S.M. O Rei veño ditar a presente con base nos seguintes

Decisión.

Que debo estimar integramente e estimo integramente a demanda interposta por María Encarnación Cameán Rey, asistida polo graduado social Sr. Sánchez Mariño, fronte á empresa Gestio Illahotels, S.L., e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), e, en consecuencia, debo efectuar os pronunciamentos seguintes:

Que debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de María Encarnación Cameán Rey, con data de efectos do día 9 de febreiro de 2018, condenando o empresario agora demandado a optar, no prazo de 5 días hábiles contado desde a notificación da presente sentenza, entre:

a) Ou ben a readmisión da traballadora María Encarnación Cameán Rey coas mesmas condicións laborais que tiña no momento de producirse o despedimento xunto co aboamento a esta dos salarios de tramitación que a actuante deixase de percibir desde a data de efectos do despedimento (día 9.2.2018) ata a data de notificación da presente resolución xudicial á mercantil a razón dunha cota de 45,95 euros/día euros diarios.

b) Ou ben a aboar á traballadora María Encarnación Cameán Rey a indemnización por despedimento improcedente que ascende a 2.274,52 euros (co correspondente cálculo por tramos).

Debendo entenderse por parte da mercantil que, para o suposto de non optar entre as opcións impostas no prazo legal dos cinco días hábiles anteriormente descrito procederá a readmisión da traballadora Sra. Cameán Rey e, por ende, con obriga de aboar a este os xa citados salarios de tramitación a razón da cota de 45,95 euros/día, con inclusión da parte proporcional das pagas extraordinarias nos termos establecidos legalmente.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que corresponda asumir ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese esta sentenza ás partes comparecidas, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación a presentar no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao de notificación desta, perante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, previa consignación legalmente prevista para tal efecto na Conta de Depósitos e Consignacións deste xulgado, respectando as consideracións e requisitos previstos no artigo 191.3.c) da Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza da que se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta».

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestio Illahotels, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza