Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35301

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 143/2018).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 143/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Campos Lois, Miguel Ángel Liñares Vigo, José Ángel Vigo Otero, Constantino Varela Pena, José Mallo Castro, Enrique Fernández Romay, Mario Aldrey Vigo, Juan Manuel Parrado Munín, José Gómez Mayo contra a empresa Hermanos Vigo Otero, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva.

Dispoño:

Despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, José Antonio Campos Lois, Miguel Ángel Liñares Vigo, José Ángel Vigo Otero, Constantino Varela Pena, José Mallo Castro, Enrique Fernández Romay, Mario Aldrey Vigo, Juan Manuel Parrado Munín, José Gómez Mayo fronte a Hermanos Vigo Otero, S.L., parte executada, por importe de 47.248,34 euros en concepto de principal (desagregada da seguinte maneira: 1. José Gómez Mallo, a cantidade de 5.839,54 euros = 4.321,64 + 10 % xuro por mora = 1.517,90 euros; 2. José Ángel Vigo Otero, a cantidade de 6.244,10 euros = 4.621,04 + 10 % xuro por mora = 1.623,065 euros; 3. Constantino Varela Pena, a cantidade de 6.040,50 euros = 4.470,36 + 10 % xuro por mora: 1.570,14; 4. Enrique Fernández Romay, a cantidade de 6.824,69 euros = 5.050,71 + 10 % de xuro por mora: 1.773,98 euros; 5. José Mallo Castro, a cantidade de 6.783,55 euros = 5.020,27 + 10 % de xuro por mora: 1.763,28 euros; 6. Juan Manuel Parrado Munín, a cantidade de 5.861,89 euros = 4.338,18 + 10 % de xuro por mora: 1.523,71 euros; 7. José Antonio Campos Lois, a cantidade de 1.544,80 euros = 1.143,25 + 10 % de xuro por mora: 401,55 euros; 8. Mario Aldrey Vigo, a cantidade de 6.266,73 euros = 4.637,79 + 10 % de xuro por mora: 1.628,94 euros, e 9. Miguel Ángel Liñares Vigo, a cantidade de 1.842,54 euros = 1.363,60 + 10 % de xuro por mora: 478,94 euros), máis outros 4.724,836 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Este auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados asemade á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación en que, ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, se poderá deducir a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título. A compensación de débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 2 aberta en Banesto, conta nº 1596, clave 64 N, e indicar no campo concepto “Recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “Código 30 Social-Reposición”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicar no campo de observacións a data da resolución impugnada, utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Hermanos Vigo Otero, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza