Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35061

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1122/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe y certifico que neste xulgado se seguen autos número 1122/2015 por instancia de Mutua Midat Cyclops contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a empresa Novilma Obras y Servicios, S.L., José Manuel Lata Mosquera e o Fondo de Garantía Salarial sobre incapacidade permanente, nos cales se ditou sentenza en data 19 de xuño de 2018, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión.

Desestímase a demanda interposta pola Mutua Midat Cyclops fronte a Novilma Obras y Servicios, S.L., o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e José Manuel Lata Mosquera, e non procede realizar as revogacións e declaracións pretendidas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Novilma Obras y Servicios, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de xuño de 2018

A secretaria xudicial