Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35060

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (504/2017).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 504/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Domínguez Domínguez contra a empresa Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Shivshi, S.L., Vainica Doble, S.L., Deus Deluxe, S.L., Puntada Elaborada, S.L., administración concursal Deus Creaciones, S.L., administración concursal Costura Invisible, S.L., administración concursal Confecciones Deus, S.L., administración concursal Confecciones Fraga, S.L., administración concursal Confecciones Ideal, S.L., administración concursal Plataforma Costurera, S.L., Gaviota Textil XXI, S.L., Confecciones Ideal, S.L., administración concursal Shivshi, S.L., administración concursal Gaviota XXI, S.L., Fogasa, Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Bendita Costura, S.L., Pedracapela, S.L., Nuevo Siglo Textiles, S.L. y Perseo Textil, S.L., sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Decisión.

Que, estimando a demanda interposta por Isabel Domínguez Domínguez contra as entidades demandadas, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento, e condeno as demandadas Shivshi, S.L., Confecciones Deus, S.L., Bendita Costura, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Deus Creaciones, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Costura Invisible, S.L., Deus Deluxe, S.L., Gaviota Textil, S.L., Pedracapela, S.L., Perseo Textil, S.L., Plataforma Costurera, S.L., Puntada Elaborada, S.L. y Vainica Doble, S.L., no prazo de cinco días, á readmisión inmediata da demandante ou ao aboamento solidario dunha indemnización de 6.638,28 € máis, no caso de readmisión, os salarios de tramitación correspondentes desde a data do cesamento ata a notificación da presente resolución, que ascenden a 34,83 €/día.

Téñase en conta a opción pola indemnización efectuada por Gaviota Textil, S.L.».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Puntada Elaborada, S.L., Confecciones Ideal, S.L., Shivshi, S.L., Deus Creaciones, S.L., Costura Invisible, S.L., Perseo Textil, S.L., Deus Deluxe, S.L., Confecciones Deus, S.L., Confecciones Fraga, S.L., Nuevo Siglo Textiles y Vainica Doble, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza