Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35062

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1128/2015).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1128/2015 por instancia da Mutua Gallega contra a empresa Manuel Aspera Gordillo, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 20 de xuño de 2018, que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decisión.

Estímase a demanda formulada pola Mutua Gallega fronte á empresa Manuel Aspera Gordillo, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Manuel Aspera Gordillo a aboarlle á Mutua Gallega como responsable directa a cantidade de seiscentos setenta e dous euros con vinte e dous céntimos de euro (672,22 euros) cos xuros que legalmente correspondan, con responsabilidade subsidiaria do INSS para o caso de insolvencia da empresa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberase anunciar este neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. Abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Manuel Aspera Gordillo, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de xuño de 2018

O secretario xudicial