Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35076

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (861/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 861/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Carmen Pereira Blanco contra Kokopelli Santiago, S.L.U., Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza número 301/2018, de data 19 de xuño de 2018, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza 301/2018.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2018.

Visto por min, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, o estado procesual que manteñen as presentes actuacións, rexistradas ante este órgano xudicial como PO (en materia de reclamación de cantidades salariais) baixo o número 861/2016, nas cales é parte demandante María del Carmen Pereira Blanco, asistida polo letrado Sr. Blanco Pérez, e son partes co-demandadas a mercantil Kokopelli Santiago, S.L.U., que non comparece ao acto de xuízo a pesar de constar citada en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, e o Fondo de Garantía Salarial (tamén e en diante, Fogasa), que tampouco comparece ao acto de xuízo a pesar de constar igualmente citado en legal forma e tempo en unidade de autos para iso, en nome do rei dito a presente con base nos seguintes

Decisión.

Que debo estimar integramente e estimo integramente a demanda presentada María del Carmen Pereira Blanco, asistida polo letrado Sr. Blanco Pérez, fronte á mercantil Kokopelli Santiago, S.L.U. e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (tamén Fogasa), e en consecuencia debo condenar e condeno solidariamente a empresa demandada Kokopelli Santiago, S.L.U. a aboar a favor da traballadora agora demandante María del Carmen Pereira Blanco a cantidade de 1.378,19 euros (en concepto de nómina completa da mensualidade de setembro de 2016) + a cantidade que resulte e se calcule en ulterior fase de execución de sentenza en concepto de xuros legal devindicado por mora no pagamento do salario sobre a cantidade de principal que ten na súa totalidade a condición de cantidade salarial ex artigos 26 e 29.3, ambos os dous do Estatuto dos traballadores.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade que lle puidese corresponder legalmente ao Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes interesadas, coa advertencia de que esta é firme e contra ela non cabe interpor recurso ordinario ningún, de acordo co disposto no artigo 191.2.g) da nosa Lei reguladora da xurisdición social.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se unirá testemuño literal aos autos orixinais, María Sánchez Galindo, xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza substituta».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Kokopelli Santiago, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste órgano xudicial.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza