Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Venres, 27 de xullo de 2018 Páx. 35078

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 48/2018).

Execución de títulos xudiciais (ETX) 48/2018

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 493/2016

Sobre: despedimento

Demandante: Daniel Montes Feito

Avogado: Diego Rodríguez Sánchez

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Input Output Friends, S.L.U.

Avogados: letrado de Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 48/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Montes Feito contra a empresa Input Output Friends, S.L.U., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto e decreto en data 21 de xuño de 2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

Parte dispositiva do auto:

«Parte dispositiva.

Declaro extinguida na data da presente resolución a relación laboral que unía a Daniel Montes Feito coa empresa Input Output Friends, S.L.U. e condeno a executada a aboarlle a Daniel Montes Feito a cantidade de 4.575,30 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 31.856,64 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, do que resulta un total de 36.431,94 euros, en concepto de principal, máis 3.643,19 euros que provisionalmente se orzan en concepto de xuros, gastos e custas.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que contra esta poden interpor recurso de reposición no prazo de tres días, contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E a parte dispositiva do decreto:

«Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir de pagamento a Input Output Friends, S.L.U. pola cantidade reclamada de 36.431,94 euros de principal, máis 3.643,19 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, ingresándoo na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número 5076 0000 64 0048 18 e, se non pagase no prazo de dez días, procederase ao embargo dos seus bens na medida suficiente para responder pola cantidade pola que se despachou execución máis as custas desta.

– Requirir a Input Output Friends, S.L.U. co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficiente para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, no caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, no caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Pór en coñecemento do Rexistro Público Concursal o ditado do auto de data 4 de maio de 2018 polo que se despacha execución, con expresa especificación do número de identificación fiscal do debedor contra o cal se despachou execución (artigo 551.3 parte final).

Notifíqueselles ás partes e a Input Output Friends, S.L.U. por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0048 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274 e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0048 18”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que lle sirva de notificación a Input Output Friends, S.L.U. expido o presente.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza