Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Xoves, 26 de xullo de 2018 Páx. 34964

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 167/2017).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 167/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Daniel Muíño Turnes contra Inaltel, S.A. e Fogasa, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2018.

Logo de presentado o anterior escrito pola letrada María Jesús Vázquez Bol, únase aos autos da súa razón, e vista a súa solicitude, cítense de comparecencia as partes, o administrador concursal e o Fondo de Garantía Salarial, coas advertencias legais, e fágaselles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o vindeiro día 3 de setembro de 2018, ás 12.15 horas, para a celebración da comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, considerarase desistido na súa solicitude; de non o facer o empresario ou o seu representante, o acto terá lugar sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do demandado por medio de edictos por encontrarse en ignorado paradoiro.

Sirva de citación a notificación desta resolución á partes.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, perante a letrada da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que ao xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Inaltel, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza